O BNG considera unha “desidia” que non se fixese o enlace do parque Marcos Cela co río

O BNG lamenta que o goberno municipal non fixese nada neste mandato a respecto do enlace entre o parque Marcos Cela e as inmediacións do río Miño. Rubén Arroxo lembrou que no mes de xullo do ano 2017 aprobábase unha modificación de crédito na cal se incluían 100.000€ para o acondicionamento dun enlace peonil seguro entre o parque Marcos Cela e a Volta da Viña. “Neste momento nada se fixo para efectivizar esta actuación e a situación agravouse por que as choivas do pasado inverno provocaron uns derrubes de terras que chegan a cortar as escaleiras existentes” sinalou Arroxo.

Arroxo pediu unha solución para que as persoas que acceden á zona do río Miño dende o parque Marcos Cela o poidan facer dun xeito seguro e lembrou que “esta solución xa foi demandada polo BNG cando o goberno socialista adoptou como única solución o peche da baixada cun balado metálico”. Rubén Arroxo sinalou que “houbo derribos similares a carón da N-VI e a terra foi retirada de inmediato, pero no caso do acceso ao parque Marcos Cela a terra e as pedras seguen amoreadas sobre a escalinata e o concello non fixo nada por retiralas”. A baixada dende que foi pechada polo goberno socialista en outubro de 2015 e dende aquel momento non se buscou ningunha alternativa a pesares de anunciar a consignación de 100.000 euros para este fin.

Rubén Arroxo sinalou que “xa son moitas as persoas que utilizan este percorrido para achegarse ao entorno do Miño e co bo tempo cada vez serán de cara ao verán e o paso segue oficialmente pechado”. “A pesares de que se deron explicacións e propostas naquel ano 2015 a realidade é que non se fixo nada dende aquela” afirmou o voceiro nacionalista e dixo que “as últimas explicacións eran que se trataría de incluír dentro do plan EDUSI, pero neste mandato de 4 anos non foron quen de solucionar unha obra sinxela e precisa para a seguridade peonil”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com