" />

O BNG continúa este mes coas Charlas Feministas

A Endometriose e a Violencia Machista son os temas a tratar nos vindeiros encontros das Charlas Feministas que vén programando o BNG, periódicamente, dende o pasado ano. A edil nacionalista, Maite Ferreiro, foi a encargada de presentar as dúas novas Charlas que terán lugar, como xa é habitual, no Centro Social Uxío Novoneyra.

O primeiro encontro, que terá lugar o día 25 deste mes ás 19:30 horas, leva por título Coñedendo a Endiometriose, e nel participarán a representante da Asociación Querendeo-Mulleres con Endiometriose, Andrea López, a Xinecóloga xubilada, Chus Méndez e a propia edil nacionalista.

Xustiza e violencia machista será o tema central da segunda das charlas xa programadas polos nacionalistas. Terá lugar o vindeiro 27 de novembro, tamén ás 19:30. Dalila Dopazo, maxistrada do social número de 3, xunto á Fiscal de Violencia Machista, Pilar Fernández, e Maite Ferreiro, serán ás encargadas de poñer voz a este tema.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo