O BNG denuncia que “Rábade segue partido á metade” e pide solución para a pasarela

O voceiro do BNG en Rábade, Iván Sangiao, sinalou o retraso e falta de actuacións en relación a dar solución á accesibilidade da pasarela sobre a vía do ferrocarril na localidade. “Rábade segue partido á metade”, lamentou Sangiao que lembrou “dende o mes de outubro do ano pasado, vai case medio ano, nada se volveu saber do asunto e seguimos igual”.

“No mes de outubro de 2018 o rexedor da vila desplazouse a Madrid para reunirse co director xeral de conservación e mantemento de ADIF, e dixo que saira moi contento pero a realidade é que todo segue igual”, relatou o voceiro do BNG.

En opinión do BNG, se o compromiso anunciado de ADIF “era certo” xa se terían que ver avances na nova pasarela, pero, o certo é que “pasou case medio ano e non hai noticias de que se deran avances para buscar solucións”. Iván Sangiao anunciou que “resulta curioso que non se avance agora que o PSOE ten responsabilidade no goberno do estado e tamén no goberno municipal, parece que non hai conexión posible entre o PSOE de Rábade e o de Madrid”.

O BNG xa ten trasladado iniciativas a diferentes institucións para reclamar solucións a este tema. O voceiro do BNG anunciou que “se non hai avances voltaremos a presentar iniciativas no parlamento para tratar de desatascar un asunto que non ten un imporante custo económico para dar solución inmediata á incomunicación que sufrimos na vila” e engadiu “en calquera caso, no BNG aspiramos a unha alternativa para o trazado ferroviario que non manteña Rábade dividido en dúas metades”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com