" />

O BNG di que Lugo leva case unha década agardando pola Rolda Leste

A parlamentaria electa do BNG, pola provincia de Lugo, xunto cunha concelleira e concelleiros deste partido, visitaron a Rolda Leste, e declararon que este é “un dos proxectos cos que o goberno de Feijóo maltratou Lugo durante a última década”.

A deputada autonómica indicou que “a Xunta de Galiza conta actualmente cos recursos necesarios para construír os 3Km que restan desta vía, máis a falta de impulso político do Partido Popular de Feijóo fan que as veciñas e veciñas de Lugo levemos máis dunha década a esperar por este investimento”. O tramo pendente de executar uniría a estrada da Fonsagrada coa N-VI e serviría para desconxestionar a estrada do paseo do Rato. Ademais completaríase un cínto de comunicacións para unir a N-VI e a A-6 co Hula e coas zonas industriais de Lugo.

A nacionalista lembrou que este treito da Rolda Leste “xa estaba presente no ambicioso Plan MOVE cun orzamento de 8.609.235€, que o goberno de Feijóo presentou no 2009 e do que non se volveu lembrar até que o desbotou 9 anos despois”. “Vemos aquí un novo exemplo do maltrato ao que o goberno do Partido Popular someteu a Lugo nesta década”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo