O BNG esixe axilidade para que se repare o burato da rúa río Landro na Cheda

O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, denunciou a lentitude coa que está a actuar o concello de Lugo no barrio da Cheda “hai un burato e un afundimento da beirarrúa que impiden o acceso a unha vivenda e, tamén, a un baixo”. Arroxo pedía así ao goberno de Lara Méndez “axilidade” para resolver os problemas que “verdadeiramente lle afecta ás veciñas e veciños”. O voceiro nacionalista dixo que “xa denunciamos en anteriores ocasións a falta de eficacia na resolución política dos asuntos relativos ao servizo de augas e imos traballar para que no caso da Cheda se dea unha solución rápida”. 

Rubén Arroxo indicou que “a principios do mes de abril produciuse unha importante fuga de auga na rede de abastecemento, solucionouse a fuga pero non se repuxo o pavimento na rúa Río Landro”, ademais  aclarou que a propia fuga produciu desprendimentos da beirarrúa noutra zona “tampouco se lle deu solución”. Arroxo demandou así “que o concello se faga cargo, canto antes, de facer as reparacións necesarias para que as veciñas e veciños da Cheda non teñan que sufrir as consecuencias da lentitude administrativa do concello”.

O Concello xa adxudicou este arranxo

Ante estas declaracións do nacionalista, o goberno local saíu ao paso e aclarou que o propio edil de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, asistiu á zona e falou cos veciños afectados para explicarlles o procedemnto para reclamar os danos producidos pola fuga así como para adiantarlles a contratación das obras, de reparación de emerxencia, para pechar a fochanca.

Así, Manuel Núñez vén de asinar o decreto do Plan de Tráfico, último trámite antes de iniciar as obras. Esta intervención está adxudicada a Canalugo Internacional, cun orzamento de máis de 6.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com