" />

O BNG explicará as obras a realizar no barrio de Lamas de Prado e de Abella

Tras a aprobación por unanimidade, no pasado pleno da corporación dunha iniciativa do BNG na que se pedía un plan de intervención específico para Lamas de Prado e a zona de Abella, o BNG convocou un acto que terá lugar mañá xoves para explicar aos veciños en qué consistirán as medidas que o Concello de Lugo levará a cabo na zona.

O candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, denunciou publicamente o estado de abandono no que se atopan algunhas zonas desta parte da cidade, e a necesidade de intervir neste barrio para que a calidade de vida das persoas que alí residen sexa equiparable á de outras zonas de Lugo.
Ruben Arroxo:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo