O BNG pide 20 millóns para un plan único de reparto de fondos entre os concellos para aprobar os orzamentos

Os deputados do BNG na Deputación de Lugo reafirmaron a súa proposta para a creación dun plan único de reparto de fondos entre os concellos da provincia similar ao posto en marcha nas Deputación de Coruña e Pontevedra. Os nacionalistas informaron que a creación deste plan será “condición necesaria” para o que o BNG lle dea o seu apoio ao proxecto de orzamentos provinciais do vindeiro ano 2017. Na proposta do BNG “o plan terá unha dotación económica, mínima, de 20 millóns de euros, irá dirixido a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes e rexerase por criterios obxectivos para un reparto proporcional e transparente”.

Neste Plan Único deberíanse incluír, cando menos as seguintes liñas: o actual POS; as subvencións excepcionais; os convenios de colaboracións, os plans de cooperación con comunidades veciñais; os plans de emprego que xestiona directamente a deputación; os remanentes que se produzan ao rematar o ano 2016; o servizo de axuda no fogar (SAF); as liñas de aforro enerxético; e todas as liñas de cultura e deporte, etc

Ao mesmo tempo, dende o BNG tamén informan que levan esperando unha información económica solicitada por escrito hai semanas, información imprescindíble para poder perfilar a súa proposta de orzamentos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com