" />

O BNG pide o mantemento dos parques infantís “para que se execute antes do bon tempo”

O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo,  sinalou hoxe a deficiente conservación das zonas de xogo infantil en diferentes puntos da cidade. Arroxo pide que se acometa o mantemento destes espazos, que son utilizados por nenas e nenos fundamentalmente na época de bon tempo. O representante do BNG pediu que “o concello faga un mantemento para que, cando comence o bon tempo, estas zonas de xogo estén en óptimas condicións de uso”.

Rubén Arroxo puxo como exemplo a zona de xogo da Fonte de Ranchos “aínda que outras moitas zonas de xogo tamén precisan renovación” e afirmou “non solo son importantes as obras novas senon que hai que manter en boas condicións as instalacións existentes”.

Arroxo propuxo que esta renovación dos parques infantiles se faga cos fondos que ían destinados á cuberta de Quiroga Ballesteros ou con remanentes “o concello ten recursos económicos suficientes e hai moitas partidas nos orzamentos que van quedar sen executar pola incapacidade do goberno”. O BNG aposta por facer un correcto mantemento das instalacións dependentes do concello para que Lugo funcione.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo