O BNG pregunta se a peonalización da praza da Milagrosa será real ou non

O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, presentou unha pregunta na comisión correspondente para que o goberno municipal aclare como se vai efectivizar a peonalización da praza da Milagrosa e cales van ser os efectos sobre o tráfico. “Se realmente se fai unha peonalización tal e como a presentou a alcaldesa no mes abril de 2018 parece que os buses non deberían circular polo medio da praza, pero non nos cadra que non se busquen alternativas definitivas para esa liña do bus se non vai volver pasar polo medio da praza” explicou Rubén Arroxo.

Arroxo lembrou como o concello desviou, dun xeito polémico, a liña 5 do bus pero non aclarou se este autobús volverá a pasar polo medio dunha praza que debería ser peonil “entendemos que se xa non vai volver cruzar a praza da Milagrosa deberíase buscar un itinerario definitivo”. O BNG propuxo a semana pasada unha alternativa para a liña 5 do bus para rematar cos continuos retrasos que sofren as persoas usuarias.

O voceiro do BNG dixo “queremos que se aclaren as previsións do goberno municipal, aínda que no proxecto presentado inicialmente non se contemplaba a circulación de vehículos na praza da Milagrosa a día de hoxe non temos claro se hai intencións de volver a meter o bus polo medio da praza”. Arroxo avanzou que “o BNG seguirá traballando para dar solución ao tema dos buses, para o servizo funcione e para que Lugo funcione”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo