O BNG preguntará en comisión polos terreos do Sagrado Corazón

A concelleira do BNG, Maite Ferreiro anunciou que vai presentar na vindeira comisión municipal varias preguntas a respecto de en que situación se atopa a día de hoxe o proceso de disposición dos terreos do Sagrado Corazón do Concello á Xunta para a construcción dun colexio.

Maite Ferreiro volveu a insistir neste tema despois de que tivese presentado unha pregunta por escrito ao goberno municipal o pasado 30 de maio e a día de hoxe aínda non obtivese ningunha resposta. “Semella que o goberno non ten tempo en mes e medio para responder a unha pregunta do BNG, terá que acabar contratando unha dirección xeral de respostas”, ironizou a edil nacionalista.

Ferreiro subliñaba a preocupación existente entre veciñas e veciños do barrio. “Aquí asistimos de forma reiterada a unha partida de tenis entre PP e PSOE acusándose mutuamente das causas polas que o barrio non conta aínda co novo colexio, e mentres tanto as veciñas e veciños do barrio pagando as consecuencias”.

Dende o grupo municipal nacionalista lembran que o convenio remata no 2018 polo que os tempos para dispoñer dun novo centro de ensino son moi reducidos. “Ou se comeza xa, ou non vai haber posibilidade de trasladar ás alumnas e alumnos ao novo centro”, engadiu Ferreiro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com