O BNG presenta a candidatura completa para as municipais en Sarria

O BNG presentou a candidatura completa para as eleccións municipais no concello de Sarria. Castro afirmou “somos un grupo unido e estamos centrados en traballar por Sarria e non en revoltas internas”. Efren Castro deu conta das 20 persoas que conforman a candidatura un total de 17 persoas candidatas e 3 suplentes. “Dez homes e dez mulleres que teñen demostrada a súa valía en diferentes ámbitos profesionais e implicación política e social”.

“Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para Sarria e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Castro Dende o BNG argumentouse que “todos os indicadores son positivos e cremos que podemos rachar os nosos teitos e resultados históricos”. O BNG presentará unha candidatura incorporando na que se mesturarán persoas con activismo en diversos ámbitos.

O candidato do BNG sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal foi fundamental neste mandato para garantir o mantemento de moitos servizos públicos e imos traballar obter o mellor resultado posible e facer que Sarria continúe a avanzar a partir de maio de 2019”.

A lista

  1. Efrén Castro Caloto – Actual tenente de alcalde
  2. Mónica López Rodríguez – Actual concelleira de Cultura
  3. Adela Fernández Armesto
  4. Fernando José López Campo
  5. Ariadna Segalà Farrés
  6. Silvia  Vázquez Rodríguez
  7. Jennifer López López
  8. Germán Arias López
  9. Luís Angel López Melle
  10. Paula Arias Pérez
  11. Miguel Angel López Fojo
  12. Ainara Alonso Oliveira
  13. Thadeu Castro Ferreira
  14. María Fernández Pérez
  15. Xosé Elias Somoza Regueiro
  16. Ana Maria Sobrado Prado
  17. Jose Luís Castro Páramo

 

  1. Maria Elvira Pallares Gallego
  2. Jesus Sergio Cela Pardo
  3. Fiz Castro García

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com