O BNG presenta o primeiro tramo da súa candidatura ás municipais en Guitiriz

O BNG presentou hoxe ao candidato á alcaldía no concello de Guitiriz, Xosé Lois González Souto “Pereira”, que estará acompañado no primeiro tramo por Mónica Roca e Afonso Losada. Segundo Pereira “faremos unha candidatura para gobernar en Guitiriz, formada por persoas de recoñecida solvencia e integridade” e engadiu “despois deste nefasta mandato aglutinaremos o voto da esquerda en Guitiriz por que o BNG é a única proposta seria que se presenta consolidada e cun proxecto claro para o concello”. 

“Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para Guitiriz e para Galicia e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Pereira. Dende o BNG cualificouse como “desgastado e sen proxecto” ao actual equipo de goberno e argumentouse que “Guitiriz precisa ideas novas e xente con ilusión para levalas a cabo”. O BNG presentará unha candidatura incorporando novas caras e na que se mesturarán persoas con activismo en diversos ámbitos. 

Pereira afirmou “imos a por todas por que estamos convencidos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello”. O actual voceiro do BNG sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal foi fundamental neste mandato para garantir o mantemento de moitos servizos públicos e imos traballar obter o mellor resultado posible e facer que Guitiriz avance a partir de maio de 2019”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo