O BNG propón acondicionar o aparcadoiro situado nas rúas Álvaro Gil e Ramón Piñeiro

O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou hoxe unha proposta para que o concello acometa melloras de acondicionamento no aparcadoiro que está situado na esquina das rúas Álvaro Gil e Ramón Piñeiro. “Trátase dun espazo que xa se utiliza na actualidade e deberíase acondicionar para evitar a lameira que se orixina”, sinalou Arroxo e engadiu que “durante o inverno ata resulta perigoso camiñar pola beirarrúa pola cantidade de barro que se acumula e recibimos queixas veciñais”.

Arroxo propuxo que este espazo se inclúa na rede de aparcadoiros disuasorios municipais e se faga un pequeno investimento para mellorar as condicións de uso do mesmo “evitando as molestias que ocasiona na época de chuvia pola lama que se acumula”. A proposta do BNG pasa por que o concello acorde o uso “ordenado” coa propiedade do predio para que non se ocasionen molestias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo