" />

O BNG propón incrementar as prazas de parking para persoas con discapacidade no HULA

BNG propón que se acondicionen zonas de aparcamento reservadas para vehículos de persoas con diversidade funcional no entorno do HULA. “É moi necesario incrementar as prazas de aparcamento deste tipo no  interior e no exterior do HULA” dixo Arroxo que considera “non é normal que persoas con problemas de mobilidade e discapacitadas non atopen onde aparcar cando acoden a consultas no Hula”.

Para o BNG debería haber máis espazos dentro do recinto hospitalario destinado a vehículos con tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade. Tanto no interior do recinto, onde é responsabilidade da Xunta de Galicia, como no exterior do recinto, que é un vía xestionada polo Concello, debería haber máis prazas de aparcamento destas características. Dende o BNG solicitarase  que se estude e se coordinen Xunta e Concello para dar resposta a esta necesidade.

Arroxo sinalou que “moitas persoas con dificultades de mobilidade teñen que acudir frecuentemente ao centro hospitalario e recibimos queixas de que, cando chegan, non teñen sitio para estacionar” en engadiu “parece unha cuestión obvia mais a día de hoxe está sen resolver”. Neste momento existen 4 prazas nas inmediacións da entrada principal e outras 4 a carón da entrada de urxencias, no exterior do recinto. No interior do recinto tamén existen varias prazas en diferentes zonas pero non son suficientes para a demanda existente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo