O BNG proporá no Pleno a sinalización de zonas de convivencia para cans en parques

O voceiro do BNG no concello de Lugo e candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, presentou hoxe a iniciativa que levará ao Pleno da Corporación para sinalizar e identificar como “espazos abertos de convivencia para cans”. Arroxo explicou que “esta foi unha das propostas que recibimos nunha das comisións abertas que estamos celebrando estes días e entendemos que é razoable e factible”. Persoas propietarias de cans acompañaron a Rubén Arroxo na presentación da iniciativa.

Rubén Arroxo explicou que “Lugo xa conta con varios caniles na cidade, pero son espazos insuficientes, dun tamaño moi reducido e pechados” e engadiu “temos que apostar por espazos de convivencia onde os cans poidan disfrutar de zonas abertas”. A proposta do BNG pasa por sinalizar e identificar como “espazos abertos de convivencia para cans” nos que “igualmente estén contralados e vixiados polas persoas propietarias, pero nos que poidan estar libres e non sexa sancionable este feito”.

Arroxo propón, como exemplo, un total de 5 espazos situados en parques periféricos en diferentes puntos da cidade “a idea é que a xente non teña que cruzar a cidade para accedere a unha desta zonas de convivencia”. Entre as propostas posibles están: o parque da facultade de veterinaria, na zona do anfiteatro; o parque de Paradai, na zona próxima a Alcalde Pedáneo Xoan Diego; unha zona do parque do Miño, xunto ao Pazo de Feiras; unha zona do parque situado a carón do instituto de Casás e, tamén, un espazo no parque dos Paxariños.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com