O BNG reclama no Congreso dos Deputados o arranxo da fonte desaparecida coas obras da A-54

O BNG trasladou despois de recibir queixas dalgúns veciños da zona, unha serie de cuestións ao Ministerio de Fomento para que dea explicacións sobre a desaparición desta fonte situada na intersección da estrada de Friol coa estrada de Santiago. O manantial desapareceu coas obras do enlace da A-54 coa N-540.

Dende o BNG non entenden “que non se arranxe antes de que a ministra de turno veña a inaugurar as obras e que se deixe a veciñas e veciños sen un manancial do que viñan disfrutando dende fai moitos anos. Trátase dunha obra que apenas debe ter custo económico e que representaba un importante beneficio para toda a xente que acudía a abastecerse alí de auga”.

Foi o propio Ministerio de Fomento o que no mes de xullo asegurou que afrontaría as obras para a recuperación desta fonte, pero a día de hoxe segue sen votar auga. O BNG reclama información para saber cando se vai a repoñer o manantial e cal foi o motivo polo cal non se recuperou o caudal de auga existente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo