" />

O BNG reclama pasos de peóns elevados e iluminados en Castroverde

O voceiro do BNG no Concello de Castroverde, Xosé Gómez, reclamou a inmediata mellora da sinalización horizontal para mellorar a seguridade na vila “o Pleno do concello xa aprobou unha iniciativa do BNG neste sentido en setembro de 2018, pero non se fixo nada e as consecuencias son fatais”. No acordo plenario, unánime, instábase á Xunta de Galicia a tomar as medidas necesarias para renovar e mellorar a sinalización vial no casco urbano da vila de Castroverde, para ordenar e favorecer unha circulación rodada e peonil máis segura e minorar as posibilidades dun futuro atropelo ou accidente. 

A proposta do BNG pasa pola instalación de pasos de peóns elevados en Castroverde e pola iluminación específica deste puntos. “As persoas que conducen non visualizan as zonas sinalizadas, apostamos por facer pasos elevados e por instalar luminarias para iluminar este pasos”, dixo Xosé Gómez.

 A sinalización de seguridade vial na vila de Castroverde está moi deteriorada. Suprimíronse os semáforos informativos e os pasos de peóns están despintados e moi borrosos.  Esta deficiente sinalización favorece que se produzan, con frecuencia, atropelos e perigo para as viandantes, principalmente na rúa Rosalía de Castro, que hai que intentar evitar ou minorar todo o posible.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo