" />

O BNG recolle sinaturas para reclamar a rebaixa da factura eléctrica

O BNG comenza unha campaña para reclamar unha tarifa eléctrica galega que permita un aforro racional na factura eléctrica e un impulso da industria para frear a emigración da mocidade. Rubén Arroxo anunciou a instalación de mesas informativas para recoller sinaturas de apoio á implantación dunha tarifa eléctrica galega.

“Pagamos a enerxía máis cara de todo o estado, cando Galicia é un país produtor e eso non é normal” Asegurou o voceiro do BNG. O BNG considera un escándalo e unha estafa a  “vergoñenta escalada de prezos” da factura da luz, que sigue asfixiando a familias e lastrando a competitividade das empresas mentres o lobby eléctrico continúa incrementando os seus millonarios beneficios, 5.600 millóns de euros en 2017.

No caso de Galicia engádese a discriminación que supón non obter beneficio algún pese a ser produtora de enerxía e, lonxe de obter un beneficio colectivo, provoca prexuízos ambientais e sociais con disparates como a pobreza enerxética que sofren 190.000 persoas nun país que exporta electricidade “a esgalla”.

En primeiro lugar, unha tarifa eléctrica galega que lle permita as empresas e as familias beneficiarse da riqueza enerxética do país, unha tarifa diferenciada que xa existe en países como Reino Unido, Suíza ou Alemaña, e que no Estado español ten Euskadi para as súas empresas. Esta medida permitiría un aforro medio de 200€ na factura da luz ás familias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo