" />

O BNG rexeita as acusacións de chantaxe do voceiro de Orozco

O BNG manifestou hoxe, a través do seu responsable local, Alexandre Penas, o seu rexeitamento ás acusacións de chantaxe vertidas polo PSOE.

Segundo declaracións de Penas “O BNG deixou clara a súa postura xa en novembro de 2012 cando abandonamos o goberno municipal. As máis de 4000 persoas que confiaron en nós o día 24 de maio sabían perfectamente cal era o noso posicionamento. Nos coidamos que o Psoe non sabe ou non quere entender o que o electorado lles dixo nestas eleccións”.

O responsable local do BNG sinalou que  “As responsabilidades de Orozco, ao respecto de todo o que ocorreu neste concello están moi por riba das súas imputacións persoais. Parece que hai que lembrarlle que o señor Liñares foi a súa persoa de confianza durante moito tempo. Orozco unha vez máis trata de utilizar o concello como parapeto para defenderse el mesmo ante a xustiza”

Para o BNG a responsabilidade de quen alcance a alcaldía no concello de Lugo será única e exclusivamente do partido socialista. Penas explicou que a posición do BNG é coñecida dende o momento en que Orozco foi imputado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo