O BNG sarriao denuncia que “parte do alumnado do Frei Luis de Granada foi reubicado en aulas que incumpren a normativa vixente”

O BNG de Sarria denuncia que “a Xunta de Galicia reubicou parte do alumnado do Frei Luis de Granada en aulas que incumpren a normativa vixente”. O voceiro nacionalista detallou que “algún dos espazos habilitados na Escola Fogar non cumpre co Real Decreto 132/2010, que regula os requisitos mínimos dos centros educativos e que establece que cada aula debe ter un mínimo de 1,5 metros cadrados por posto escolar“.

O voceiro tamén explicou que “os baños son compartidos” e cuestionou as condicións de accesibilidade do edificio, que a Consellería de Educación ofreceu como alternativa para continuar coas clases despois de que as familias se negasen a levar os seus fillos e fillas ao Frei Luis de Granada, apuntalado polas deficiencias estruturais que arrastra desde 2011.

situación está “moi lonxe de volver á normalidade que anunciou a Xunta de Galicia”. “O goberno de Feijóo respondeu á mobilización dos pais cunha solución improvisada coa que non fai máis que dar un novo golpe ao ensino público en Sarria”, sinalou o voceiro nacionalista.

O BNG de Sarria cuestionou no seu momento a reubicación na Escola Fogar e criticou “que se descartase a opción de levar aos nenos e nenas aos outros centros escolares da vila que si reúnen todos os requisitos, como se fixo en 2011″.

A formación nacionalista tamén cuestionou o anunciado “plan de rehabilitación integral” anunciado pola Xunta de Galicia para o colexio público, apuntalado desde o 22 de xaneiro. “O único que sabemos ata agora dese proxecto é que actuarán sobre os voladizos, cando os informes da propia Consellería demostran que o deterioramento afecta a outras partes estruturais do edificio”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com