O BNG solicíta a Fomento arranxar as vías de servizo da Ronda Norte

O BNG solicítalle a Fomento o arranxo do firme das vías de servizo da Ronda Norte, de xeito especial na contorna do polígono das Gándaras. O seu portavoz, Rubén Arroxo explicou que o pavimento da estrada que sae directamente dende dito polígono cara Albeiros, ou o que circula en paralelo ao propio polígono están nunha situación de abandono absoluto. O edil dixo que esa ruta incrementou de forma considerable o tráfico de vehículos nos últimos anos, dado que une directamente a rúa Montefaro co polígono, sendo o percorrido máis corto para chegar á parte central da avenida da Coruña .

Dende o BNG afirman que xa hai anos que algúns veciños presentaron queixas por esta cuestión, e tamén lembraron que o propio BNG ten denunciado isto en varias ocasións, malia todo a situación non mudou o máis mínimo “recibimos de forma continua queixas de veciños de Lugo que pasan por aí diariamente, non conciben que unha obra relativamente pequena, como é esta, leve tanto tempo atascada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com