O Breogán perde na prorroga fronte ao Planasa Navarra

O Breogán remata o ano cunha nova derrota, nun encontro no que a igualdade e a baixa anotación por parte de ambos equipos foi a tónica dominante, con erros, perdas de balón e minutos sen anotar e na que se chegaba ao descanso cunha mínima vantaxe, de dous tantos, por parte do Navarra.

O partido chegaba ao final do último cuarto con igualdade no marcador, o que provocaba unha prorroga na que os celestes cansados tanto física como psicoloxicamente, deron o triunfo a un Planasa moito máis fresco que sentenciou o encontro cun 79-70.

A próxima cita do Breogán será fora da casa, o vindeiro  día 6 de xaneiro ante o Actel Força Lleida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo