A Deputación adiantará o contra aval necesario para que o Breogán se inscriba na LEB

O Club Baloncesto Breogán poderá inscribirse na LEB Ouro grazas ao contra aval de 180 MIL euros que depositará a Deputación de Lugo. Así o acordou esta mañá o Goberno do ente provincial na reunión semanal da súa Xunta de Goberno.

Segundo o voceiro provincial, Álvaro Santos, o martes acababa o prazo para que o Breogán se inscribira nesta competición, pero debía depositar antes dita cantidade “da que non dispón como entidade”, motivo polo cal a Deputación acordou “facerse cargo” da mesma.

Segundo Santos, o club comprométese a devolver os cartos ou, de non ser así, a cantidade seríalle restada das subencións que a Deputación outorga a dito club.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo