" />

O bus urbano deixará de ser de balde a partires de mañá

Dende mañá luns día 25, os buses urbanos de Lugo, volverán ser de pago. Remata así a gratuidade do servizo de viaxeiros no concello de Lugo que se puxera en marcha coa crise sanitaria do COVID-19. Polo de agora, os usuarios só poderán facer o pagamento utilizando a Tarxeta Cidadá.

Para obter a esta tarxeta, deberá cubrirse o formulario 101 na web do Concello e pagar a taxa de 3,09€ nunha oficina de Abanca. Despois, deberá pedirse cita no 010 para retirar a tarxeta nas oficinas da entidade local. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5€, cun máximo de 60€.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo