O Cafés Candelas Breogán terá que vencer en Marín para estar na Fase Final de Copa Galicia

O equipo celeste visita este martes 15 de setembro ao Marín Ence Peixegalego ás 20:00 horas no Pavillón Polideportivo A Raña, Marín, co propósito de lograr o pase á Fase Final da XXX Copa Galicia Sénior Masculina que se celebrará en Ourense a vindeira fin de semana.

As entradas para o encontro que se disputa este martes en A Raña terán un prezo único de 5€ para os maiores de 15 anos e os menores desa idade entrarán de balde.

No Marín Ence Peixegalego militan dous vellos coñecidos do breoganismo: Emilio Oubiña e Álex Navajas.

Calendario completo de Copa Galicia:

Fase Previa – XXX Copa Galicia Sénior Masculina (15/09/15) (20: 00 h. Pavillón A Raña)

Marín Peixegalego – Cafés Candelas Breogán (X) (21:00 h. Pavillón O Pombal ) Xuventude Baloncesto – Leyma Basquet Coruña (Y)

Fase Final – XXX Copa Galicia Sénior Masculina (Pazo dos Deportes Paco Paz. Ourense)

18/09/15 – Semifinais 

(19.00 h) RIO NATURA MONBUS OBRADOIRO – Ganador X

(21:00 h) CLUB OURENSE BALONCESTO – Ganador Y

19/09/15 – Final (20.00 h – TVG)

Homenaxe Veteranos Copa Galicia (Pazo dos Deportes Paco Paz. Ourense)

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com