O candidato dos populares propón que parcelas municipais sen uso se transformen en zonas verdes cun mínimo mantemento

O candidato do PP Jaime Castiñeira presentou hoxe un proxecto para crear unha rede de zonas verdes low cost en parcelas municipais que neste intre están sen uso e sen previsión de que se edifique nelas a medio e longo prazo “tendo en conta que moitas delas presentan un estado de abandono con maleza e desperdicios”.

O alcaldable dos populares explicou que hai que buscar alternativas económicas e con deseños funcionais e sostibles que supoñan un mantemento mínimo por parte do Concello puntualizando que “simplemente retirando os depósitos de lixo, desbrozando e instalando mobiliario urbano básico como uns bancos, papeleiras, árbores ou algún aparello biosaudable ou de xogo infantil se ofrecería un espazo para o disfrute dos veciños do entorno”.

Castiñeira matizou que “hai parcelas en distintos puntos da cidade que se poderían reconvertir para formar parte desta rede de parques de espazos para os veciños citando como zonas de actuación una parcela situada na Avenida de Madrid, ou outra en Francisco Lamas López (na confluencia da Avenida Breogán con Lamas de Prado; ou ben Rúa das Fontes que na actualidade está invadida pola maleza e con lixo. Hai casos como as situadas nas inmediacións de Fontiñas onde se podería estudar a posibilidade de acondicionalas como zona para aparcamento.

O alcaldable do PP indicou que para que esta rede de zonas verdes sexan unha realidade o único que se necesita é primeiro sanear as parcelas, acondicionalas e realizar un mantemento periódico. “A idea é ofrecer un punto de encontro para os veciños da zona” matizou o alcaldable quen engadiu que estas intervencións mellorarán a calidade de vida dos veciños por tres motivos: “primeiro porque se gañan novas dotacións de ocio nos distintos barrios e segundo porque recuperaríamos espazos degradados, infrautilizados e sen uso”.

Estas zonas verdes incorporaríanse ao proxecto de cidade do Partido Popular no que se creará unha rede continua de zonas peonís que se acondicionarán ao longo do entramado urbano “queremos mellorar os espazos públicos e a calidade de vida dos lucenses con estos paseos que inclúan dotacións e equipamentos públicos, zonas verdes e áreas de esparcemento para os veciños”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com