" />

O CB Breogán lucirá o ‘LugoCambia’, para promover a provincia en ACB

O lema turístico elixido para promocionar a provincia de Lugo este ano, percorrerá o territorio nacional da man do Cafés Candelas Breogán. O club celeste lucirá na súa nova equipación o LugoCambia durante toda a tempada na ACB.

Así o anunciaron hoxe o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o metereologo, Martín Barreiro; e os directivos, corpo técnico e a plantilla do CB Breogán, no Pazo Provincial dos Deportes.

Durante o transcurso deste acto emitiuse o vídeo da campaña posta en marcha polo Executivo Provincial para atraer novos visitantes ao territorio lucense, que protagoniza Martín Barreiro, e que dá a coñecer os diferentes recursos artísticos, patrimoniais, culturais e paisaxísticos da provincia de Lugo. 

Esta iniciativa de promoción turística da provincia que puxo en marcha o Goberno da Deputación, tamén ten un tinte deportivo, pois contempla o contrato de patrocinio asinado polo club celeste e a Deputación como un piar estratéxico para a promoción da provincia, así como o impulso do tecido asociativo co que incentivar a integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

Campos Conde avanzou que “mediante esta campaña de promoción turística o club celeste promoverá a nosa imaxe por todo o Estado. Ademais, contribuirá a dar a coñecer o emblema que promove a Deputación, LugoCambia, coa que o Goberno Provincial está a visibilizar os recursos turísticos da provincia, a través de campañas de promoción e asistencia a eventos especializados na materia”.

O Presidente agradeceu “o gran compromiso do CB Breogán, porque para nós é esencial a promoción turística desta provincia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo