" />

O CD Lugo fai oficial a incorporación de Serge Leuko, Álvaro Lemos e Roberto Fernández

O Club Deportivo Lugo fixo oficial este mediodía o fichaxe do xogador de orixe camerunés, Serge Leuko. O xogador pasou recoñecemento médico no Hospital Polusa esta mañá e foi presentado en rolda de prensa ás 13.00 horas, no estadio Ángel Carro. 

Leuko chegou á Valencia CF Mestalla na campaña 2011-12 para xogar no xuvenil de División de Honra con quen se proclamou campión no grupo VII, xusto despois de disputar con Camerún o Mundial sub 20 celebrado en Colombia.

Aterrou en España no verán de 2008, tras varias participacións en torneos cos equipos da Fundación Samuel Eto’o, o Real Club Deportivo Mallorca apostou polo novo defensa para que dese o salto dos terreos de xogo de Camerún aos da illa balear. Tras unha tempada no club mallorquino, Leuko pasou polo Cidadela antes de chegar á ValenciaCF Mestalla.

Asemade, o club fixo oficial a contratación do extremo Álvaro Lemos, que Lemos (Santiago de Compostela, 30-03-1991), que ficha por tres tempadas. O xogador formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, participou na concentración de pretempada co primeiro equipo branquiazul en 2013 e chegou a debutar nun amigable.

A tempada pasada, o futbolista foi cedido polo Deportivo ao Compostela, co que participou en 16 encontros e anotou un gol. O xogador, que se incorporará mañá mesmo aos adestramentos ás ordes de Luis Milla, asina contrato co CD Lugo ata o 30 de xuño de 2018.

Doutra banda, o CD Lugo contratou ao porteiro Roberto Fernández para as tres próximas tempadas, ata o 30 de xuño de 2018. Roberto (Chantada, Lugo, 25-01-1979) procede da Granada, ao que defendeu as cinco últimas campañas. Co club andaluz, o gardameta chantadino ascendeu Primeira División en 2011, tempada na que disputou 40 partidos. As catro campañas máis recentes disputounas na máxima categoría do fútbol nacional.

O curso pasado, Roberto participou en 23 partidos de Liga, todos como titular. Estivo baixo paus as últimas nove xornadas, nas que a Granada certificou a permanencia. Ademais de xogar na Granada, Roberto militou no Real Club Celta de Vigo, o Real Sporting de Gijón, ao que pertenceu seis tempadas (2002-08); e co que logrou un ascenso e o trofeo Zamora na categoría de prata en 2006; e o Atlético Osasuna, co que xogou dous anos en Primeira División.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo