O CD Lugo fai oficial a renovación de Manu por dúas tempadas

O CD Lugo comunica que José Manuel Rodríguez Morgade “Manu” (22 de xuño de 1984, Wetzikom-Suíza) aceptou a proposta do Club para a renovación do seu contrato. O novo acordo que unirá ambas as partes terá unha vixencia de dúas tempadas máis, até o 30 de xuño de 2017.

Coa renovación, o lateral e capitán do CD Lugo empezará a súa novena tempada no Club ao que chegou procedente do Ourense, no inicio da tempada 2007-08. Dende entón, Manu disputou 295 partidos oficiais. A última tempada, chegou a xogar 36 encontros marcando dous goles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com