O certame de Tik Tok #LugoPolaIgualdade xa ten gañadores

O certame en Tik Tok #LugoPolaIgualdade, organizado pola Casa da Muller xa ten gañadores. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación posta en marcha pola área de Muller, Igualdade e Xuventude para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, e buscaba, a través da recompilación vídeos na rede social Tik Tok, concienciar e loitar pola igualdade de xénero e en oposición ao machismo.

Talía Rodríguez Arribas, da man da asociación Down Lugo, impúxose a outras 9 persoas concursantes. A peza audiovisual xira en torno a rachar cos estereotipos e un xurado, composto pola Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Abelleira, a técnico de igualdade da Casa da Muller, Belén Regueiro, e dous membros de Corto España como especialistas do eido audiovisual; escolleuna como a mellor das 10 propostas que concurriron ao concurso.

Será premiada con 200 euros. Así mesmo, como premio, o seu vídeo representará a Lugo na fase nacional do proxecto Rodando por la Igualdad, dentro do que se enmarcaba este certame, no que competirá con outros máis de 50 traballos doutras tantas localidades. Neste senso, os premios do certame nacional aumentaron recentemente a súa cuantía, de modo que haberá un primeiro premio de 1000 euros, un segundo de 500 e un terceiro dotado de 250 euros. Neste caso as persoas gañadoras faranse públicas o 25 de marzo.

O segundo premio, dotado con 100 euros, foi para o alumnado do IES Ánxel Fole, dirixido pola profesora Felisa Redondo . Neste vídeo, amósase como rapazas e rapazas borran desigualdades.

As pezas gañadoras poden verse nas seguintes ligazóns:

1º premio:  https://vm.tiktok.com/ZMeMHKMvw/

2º premio: https://n9.cl/f0t51

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com