O ciruito da Pastoriza acolle mañá a 7ª edición do Volante Deputación

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, lembrou que mañá sábado, día 15, comeza a sétima edición do Volante Deputación, no Circuíto da Pastoriza. Trátase dunha actividade promovida polo Executivo Provincial, cunha achega de preto de 17.000 euros, que pretende achegar e formar aos lucenses no mundo do motor.

Esta iniciativa, que a Deputación puxo en marcha no ano 2012 conxuntamente co Concello da Pastoriza e Escola PTC (Escola de Perfeccionamento e Técnicas de Condución), brindou xa a oportunidade a 6 lucenses de correr o seu primeiro rally e ao longo de 6 edicións reuniu a máis de 1.000 afeccionados do mundo do motor que recibiron formación en condución segura.

O Deputado explicou que “esta actividade pretende achegar a calquera persoa sen experiencia o mundo da competición automobilística, vivindo desde dentro un rally como o San Froilán, ademais, todos os inscritos poden formarse para ser uns condutores máis hábiles e seguros”. Rivera Capon lembrou “o compromiso do Goberno da Deputación cun deporte con tanto arraigo e importancia na nosa provincia, o que leva a que sexamos a primeira administración que pon á disposición dos nosos pilotos axudas e formación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo