" />

O comercio premia aos seus clientes cunha nova campaña dos ‘Días azuis’

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu hoxe na sede da Federación Galega de Comercio ao sorteo dos premios dunha nova edición da campaña Días azuis do comercio galego, que se celebrou do 13 ao 26 de maio en toda a comunidade co obxectivo de dinamizar as vendas no comercio de proximidade. Entre todos os participantes sorteáronse ante notario un total de 16.200 euros en 80 tarxetas prepago: 28 de 300 euros e 52 de 150 euros, que deberán ser utilizadas polos gañadores para mercar nos establecementos tradicionais galegos.

“Toda iniciativa de apoio ao comercio tradicional é unha aposta pola economía local, o emprego e a calidade de vida nas nosas vilas e cidades”, salientou Balseiro, quen destacou que este sector “xera postos de traballo e riqueza, revitaliza os barrios e axuda a fixar poboación”. Esta campaña está organizada pola Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta e enmárcase no Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo