O Concello adxudica o servizo de atención ao público da Oficina de Turismo e os Museos

A Xunta de Goberno do concello de Lugo vén de aprobar adxudicación do servizo de apertura e atención ao público da Oficina Municipal de Turismo e dos centros museográficos municipais (Centro de Interpretaicón da Muralla, Museo Interactivo da Historia de Lugo, Casa dos Mosaicos, Sala de Exposicións Porta Miñá e Centro Arqueolóxico de San Roque) á mercantil EULEN S.A., cun orzamento para a primeira anualidade de 585.715,99 euros. O contrato é por un período de dous anos, con posibilidade de prórroga por dous anos máis. Contémplase ademais un punto de información turística de verán.

Grazas a esta nova adxudicación do Goberno, ampliarase o horario destas instalacións municipais nun 80%, é dicir, 13.650 horas máis que na actualidade, co obxecto de facer máis accesible á cidadanía o coñecemento da riqueza histórica, patrimonial e cultural de Lugo.

Tal e como lembrou o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, tan só os museos do Concello gañaron no pasado ano un 11,5% de visitas con respecto ao 2016 e un 6% máis que no 2017, chegando a uns 30.000 visitantes, o que pon de manifesto a importancia destes centros e a ampliación da súa apertura. En xeral, o turismo aumentou no pasado ano un 29% con respecto ao ano anterior.

Con esta adxudicación distinguirase o servizo de información turística, a Oficina de Turismo, do servizo de atención museística, especializando así os dous servizos. Así mesmo crearase un punto de información de verán e abriranse tanto os museos como a oficina todos os días da semana en épocas vacacionais, cerrando as salas expositivas os luns nos meses de inverno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo