" />

O Concello anuncia o protocolo para as visitas no cemiterio municipal durante o día de Defuntos

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, deu conta das medidas que se habilitarán no Cemiterio Municipal para a ponte do día de Defuntos.

Poderase visitar o cemiterio entre as 14 e as 19 horas entre o 24 e o 31 de outubro, agás o domingo 25, que se habilitará o horario de visita a partir das 11 da mañá. O 1 de novembro, as visitas poderán realizarse entre as 10 e as 19 horas, e o día 2, entre as 14 e as 18. O recinto adaptarase a un maior fluxo de visitantes, creando circuítos diferenciados para a entrada e saída, que se realizarán por distintas portas. Ademais, contarase con persoal de seguridade de reforzo, e as visitas terán unha duración máxima de 30 minutos.

“Pedimos á veciñanza que escalone as visitas durante todos os días para evitar masificacións o día 1”, afirmou Cristina López, que explicou que “a cabida estará limitada a 3 persoas por unidade de enterramento e serán de obrigado cumprimento as medidas habituais no tocante ao distanciamento social e á hixiene”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo