" />

O Concello asina a acta de pago das expropiacións na zona do Carme

O Concello de Lugo citou na mañá deste xoves na casa consistorial aos afectados polas expropiacións do Carme para asinar a acta de pago das parcelas e saldar así “unha débeda histórica”, tras aprobarse definitivamente na Xunta de Goberno da primeira semana deste mesmo mes o proxecto de expropiación de máis dunha decena de terreos nesta zona. Na espera da sinatura, os propietarios aseguraban entre eles que o pago das indeminzacións se debería ter feito hai anos, pero amosáronse contentos por asinar hoxe, porque se lles asegura o cobro.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, acompañada do voceiro municipal, Miguel Fernández, foi a encargada de asinar a acta de pago da expropiación destes terreos, afectados por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deu a razón aos propietarios altamente perxudicados pola cualificación urbanística do PXOM de 1990. Tras esta sinatura, recibirán a cantidade correspondente polos seus terreos, dun total de 5.424,58m 2 de superficie, cunha contía que ascende a preto de 4 millóns de euros.

O pago faise efectivo hoxe mesmo, e os propietarios recibirán a súa contía ben a través de transferencia bancaria ou talóns. En total hoxe asinouse a acta de 13 parcelas. Quedan 3 sen asinar, por mor de disensiónsentre os propietarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo