" />

O Concello autoriza a inclusión da depuradora nun estudio para detectar alertas SARS-Cov2

O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, vén de remitir, esta mañá, a Augas de Galicia a autorización, para a incluír a Estación Depuradora de Lugo no protocolo, impulsado por esta entidade, para detectar alertas temperás de SARS-Cov2.
“Trátase dun estudo no que se integrará o municipio de Lugo co fin de averiguar si existe presenza de restos do virus nas augas residuais da cidade, o que implica que a administración local porá a disposición da Xunta de Galicia e das Universidades as súas instalacións e recursos para proceder á realización de analíticas que se levarán a cabo tanto nas propias aguas fecais, para contrastar se hai residuos nelas, como tamén nos subprodutos obtidos despois da súa depuración e tratamento para valorar a posible presenza do virus nas grasas, areas etc…”, explicou o edil.
Álvaro Santos aproveitou para agradecer á Xunta de Galicia que asuma o seu papel, nunha materia na que ten as principais competencias aínda que tamén destacou que “neste, como noutros moitos eidos nos que é preciso un traballo conxunto, a área de Medio Ambiente e o Concello de Lugo responderemos, coma sempre, cunha absoluta colaboración institucional perseguindo a mellor
garantía sanitaria para a veciñanza do municipio”, concluíu o edil.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Silvia Pascual
    Mai 29, 2020 - 11:39 PM

    Esta foto….me recordó a la de Casado🤦‍♀️🤦‍♀️

    Reply
  2. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Mai 29, 2020 - 09:07 PM

    Sempre trepando, y venga a foto y prensa. Si é o que tes que facer cumplir co teo acometido y non darle a publicidade que lle das

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo