" />

O Concello comeza a abonar as axudas do Plan Reanima

O Concello de Lugo vén de informar que, a partir de hoxe, comezará a abonar as axudas do Plan Reanima, dirixido a emprendedores, autónomos, pemes e familias para facer fronte á crise económica derivada da emerxencia sanitaria. A programación, segundo indican dende o consistorio, beneficiará ao redor de 3000 lucenses, que recibirán as axudas nos vindeiros días.

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores o listado de beneficiarios que teñen toda a documentación completa, tras abrirse un período para alegacións e enmendas nas solicitudes, logo da publicación das listaxes provisionais na web do Concello o pasado 11 de xuño. A partir desta data, a área de Desenvolvemento Local e Emprego recibiu e tramitou máis de 1.000 achegas de documentación e aclaracións.

O goberno municipal destinou 5 millóns de euros a este plan para paliar a redución de ingresos que supuxo a pandemia. Do total, as axudas aprobadas ata o momento ascenden a 2.631.710 euros para as dúas liñas da programación: a 1, para o impulso económico e de protección do emprego, e a 2, para apoio da conciliación da vida familiar e laboral. Deste xeito, o listado aprobado contempla a concesión de 2.436  axudas dentro da Liña 1, por un importe de 2.583.060 euros, e de 405 na Liña 2, que suman 48.650 euros máis.

Cómpre sinalar que, a partir de hoxe, abrirase un prazo de 10 días hábiles, ata o vindeiro 22 de xullo, para que as persoas que solicitaron as axudas do Reanima e teñen contraída algunha débeda co Concello poidan liquidala e así recibir a prestación correspondente. Neste senso, o número de solicitudes pendentes de emendar débedas é de 308. Mentres que o número total de instancias desestimadas é de 427, que se corresponden con solicitudes que non se axustaban ás bases da programación ou que non reunían a documentación requirida.

O executivo de Lara Méndez decidiu que os 2 millóns de euros que non se esgotaron nesta primeira fase do Reanima serán destinados a un segundo plan de apoio aos axentes económicos do municipio para darlle un novo pulo á súa reactivación.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Carlos Xosé Currás
    Xul 08, 2020 - 03:48 PM

    A imaxe asinando documentos analóxicos é cousa do pasado, hoxe se Lara quere avanzar os trámites tería que porse na pantalla e ir asinando o que lle envíen os distintos departamentos.

    Reply
  2. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Xul 08, 2020 - 03:42 PM

    Sin tempo non he?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo