" />

O Concello cubrirá as pistas de tenis de Frigsa con máis de 300.000 euros

O Concello de Lugo vén de anunciar que cubrirá as pistas de tenis de Frigsa para que os lucenses poidan facer uso delas durante todo o ano. Así o Goberno municipal destinará preto de 304.000 euros á cubrición destas instalacións situadas no parque da Milagrosa.
A Xunta de Goberno Local autorizará, previsiblemente, mañá a apertura do proceso de contratación do proxecto que terá un prazo de execución de tres meses.
A obra prevista resolverase mediante unha estrutura a base de perfís laminados na que se empregarán, como elemento de cubrición, pranchas de panel sándwixh de 30 mm de espesor. Igualmente, todo o cerramento exterior irá tapado de forma íntegra con chapa de tipo minionda de aceiro galvanizado, lacada en cor, que se fixará á superficie portante.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Oscar Poy Franco
    Xul 07, 2020 - 06:50 PM
  2. Avatar
    Iván B. M.
    Xul 07, 2020 - 02:18 PM

    Cando vai ser eso? Así paso por alí Pa coller un feixe, se a cubren con cartos… 😬😬

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo