" />

O Concello de Lugo apoiará á Xunta na súa reclamación ao Estado do IVE que lle adebeda

O Pleno do Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade a proposta do Partido Popular para que o Concello reclame ao Goberno estatal, presidido polo socialista Pedro Sánchez, os cartos que adebeda “aos lucenses” polo IVE. O voceiro popular, Ramón Carballo, considerou tras o pleno que o voto favorable do PSOE é “un paripé de cara á galería porque saben que o seu xefe de filas non vai devolver os cartos que pertencen aos galegos”.

Na moción, presentada de urxencia, os populares pedían ao Concello que amosara o seu apoio á Xunta na reclamación ao Estado da liquidación dunha mensualidade do IVE de 2017 que supón 200 millóns de euros para a comunidade. Por iso, Ramón Carballo sinalou que é preciso declarar o apoio do Concello de Lugo á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que ingrese as contías do IVE non liquidadas correspondentes ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do sistema de Información Inmediata e manifestar un apoio firme e decidido á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España dunha convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira, cunha orde do día que inclúa un punto específico para abordar a aprobación a Galicia dos incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.

O voceiro popular sinalou que para dar máis forza a esta reclamación da Xunta, sería preciso dar traslado destes acordos ao Goberno de España, á Xunta de Galicia e aos Grupos Parlamentarios do Congreso dos deputados e do Parlamento de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo