O Concello de Lugo declara tres días de loito oficial polo falecemento de Olga López Racamonde

O Concello de Lugo expresou o seu profundo pesar polo falecemento da concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, destacando a súa traxectoria marcada polo compromiso social e a vocación de servizo público. A Corporación municipal subliñou a súa dedicación ás políticas sociais, á defensa da sanidade pública e ao benestar das persoas maiores, ámbitos nos que deixou unha forte pegada na cidade.

O Goberno local trasladou as súas condolencias á familia, amizades e compañeiros, salientando tamén o exemplo de responsabilidade, dignidade e xenerosidade que mantivo ata o final.

Como mostra de loito, o Concello decretou tres días de loito oficial no municipio, ata o venres 10 de abril, período no que as bandeiras ondearán a media hasta nos edificios municipais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com