O Concello de Lugo defenderá a permanencia do pantalán dos Robles ata a competición de piragüismo de outubro

O Concello de Lugo anunciou que continuará realizando as xestións necesarias para intentar que o pantalán instalado na contorna dos Robles permaneza no río Miño ata a próxima competición de piragüismo, prevista para o mes de outubro.

A infraestrutura foi colocada en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo con motivo das probas deportivas que se celebran esta fin de semana, co obxectivo de avaliar a súa utilidade tanto para a práctica deste deporte como para facilitar un acceso máis seguro ao río á cidadanía.

Segundo o goberno local, a experiencia confirmou a utilidade do pantalán e a súa continuidade sería viable desde o punto de vista administrativo. O Concello lembra que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil autorizou a súa instalación para as competicións da pasada fin de semana e para a cita deportiva de outubro, ademais de contar cun informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

O executivo municipal asegura que xa recorreu a decisión que obriga á retirada da infraestrutura e sostén que manterá todas as actuacións necesarias para defender a súa continuidade “dentro da legalidade”. Ao seu xuízo, retirar agora o pantalán para volver instalalo en outubro non resulta razoable, unha postura que, segundo lembra, tamén expresou esta semana a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, ao indicar que Patrimonio Natural considera que a infraestrutura non causa afeccións ambientais e que a súa retirada temporal podería ter un maior impacto que mantela instalada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com