O Concello de Lugo non cobrará as taxas das terrazas nin os postos da Praza e Mercado Municipal

Tampouco terán que pagar os emprendedores dos viveiros municipais da Tineria e do Cei Nodus

A alcaldesa Lara Méndez avanzou que as medidas están destinadas a reducir o impacto do estado de alarma sobre os sectores económicos do municipio. A rexedora mantivo hoxe unha reunión para avanzar nas medidas de apoio ás familias e á dinamización económica, ás que se destinarán 5 millóns de euros. O Goberno de Lara Méndez non liquidará as taxas das terrazas dos locais de hostalaría do municipio durante o tempo que non se poidan instalar a causa do peche que foi decretado tras o estado de alarma co fin de frear o contaxio do coronavirus. Ademais, na mesma liña de dar apoio aos sectores económicos, mentres dure esta situación o Concello tamén exonerará do pago do aluguer ás empresas e emprendedores dos viveiros municipais do CEI Nodus e do barrio da Tinería, este último a pé de rúa. En total, son 44 as empresas que están instaladas nestes viveiros. Tampouco os comerciantes da Praza de Abastos e do Mercado Municipal terán que pagar as taxas que viñan abonando pola utilización que fan destas instalacións cos seus postos. “Estas decisións están destinadas a minimizar os danos que está a provocar a crise sanitaria no sector da hostalería e no pequeno comercio”, segundo avanzou a alcaldesa de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com