" />

O Concello de Lugo presenta a XXI edición da Mostra de Teatro Clásico

A titular de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo presentou a XXI edición da Mostra de Teatro Clásico, que este ano contará con 9 obras que encherán o Auditorio Municipal Gustavo Freire de cultura de calidade durante o mes de marzo. “Por segundo ano consecutivo, apostamos por concentrar a mostra no mes de marzo para facer máis doada a afluencia do público e a difusión da propia Mostra”, explicou a edil.

A Mostra de Teatro Clásico do 2021 contará tamén cunha importante aposta polas compañías galegas que no 2020 comezaron a producir obras clásicas. “Este ano case un 50% das obras son de compañías de traxectorias contrastadas como Chévere, Producións Teatrais Excéntricas ou Elefante Elegante”, dixo a titular de cultura, que engadiu “este ano incluiremos tamén a estrea absoluta de Quixote, de Pedras de Cartón, que forma parte da oferta para público familiar que se achega á Mostra de Teatro Clásico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo