" />

O Concello de Lugo restaura as citas litrerarias de escritores galegos do centro da cidade

 A área de Cultura do Concello de Lugo, ven de emitirun comunicado encol ods traballos que se están a realizar na  restauración das citas literarias situadas na praza Maior e na rúa Bispo Aguirre. Segundo declarou a concelleira de Cultura,  “trátase dunha intervención iniciada coa restauración das estatuas dos distintos escritores e escritoras”; “con esta actuación rehabilitamos a homenaxe que o Concello de Lugo realizou a estes persoeiros tan importantes da nosa cultura, no marco dunha data tan destacable como o Día das Letras Galegas”

Segundo a edil de Cultura, “o correcto mantemento destes elementos ornamentais de contido cultural e identitario, forma parte da imaxe da cidade por estar situadas na zona máis concorrida e visitada de Lugo”.

As nove placas colocadas sobre soporte de cantería están situadas na praza Maior e na rúa Bispo Aguirre e están dedicadas a: Manuel María, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Rosalía de Castro, Ramón María de Valle-Inclán, Eduardo Pondal, Ramón Otero Pedrayo, Uxio Novoneyra, Álvaro Cunqueiro e Manuel Curros Enrriquez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo