O Concello de Riotorto acolle o 2 de abril o 124 aniversario de Avelino Díaz

A Escola da Órrea é o lugar escollido pola asociación Avelino Díaz e o resto de organismos colaboradores (entre os que se atopan os concellos de Riotorto e Meira) para continuar coa celebración do 124 aniversario do poeta e xornalista. Así, o vindeiro 2 de abril, o Concello de Riotorto celebrará unha serie de actos na súa honra.

O evento comezará ás 5 da tarde, e nel proxectarase a obra Mamasunción de Chano Piñeiro; unha curtametraxe que conta a historia dunha nai que ben podería ter sido a do poeta. Asemade, trala proxección se comentará esta obra; e se seguirá cunha posta en común dos últimos datos coñecidos de Avelino Díaz.

Para rematar a tarde, inaugurarase simbólicamente o Mapa da Parroquia, unha obra doada hai décadas polo seu autor Castor López Montes.

O acto será presentado por Sara de Patorna e nel participarán, Alicia, Óscar e Miguel de Dios, Álvaro do Ferreiro, Airela, Noa e Celtia de Fleire, Isaura da Caseta, Noelia de Cartas e Marisol do Ferreiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com