O Concello do Incio colabora coa difusión do ‘Documental do noso’

O Concello do Incio colabora coa difusión do ‘Documental do noso’ elaborado e protagonizado polo nenos e nenas da localidade que asistiron ás actividades de verán; preto de 25 rapaces e rapazas. O documental foi proxectado onte no auditorio da Casa do Concello e tamén está colgado na páxina oficial que o Goberno local ten na rede social Facebook para que chegue ao maior número posible de público.

O traballo, dirixido polo mestre Jesús Somoza Fernández, serviulles para que se visualice o orgullosos que están do sitio no que viven, así como para reivindicar o seu futuro.

O 90% dos nenos e nenas que formaron parte do documental están escolarizados no Incio e os demais pasan as súas vacacións no Concello, chegados desde Cataluña ou Madrid, entre outros puntos da xeografía española.

As actividades desenvolvéronse os martes e xoves durante dúas horas ao longo de todo o verán. O obxectivo foi fomentar que, a través de xogos e a educación en valores, aprenderan cousas.

Eles mesmos describen no vídeo un Concello “que valoran e queren, con naturalidade e liberdade” e fano ademais como un modo de reflexionar e facer reflexionar a quen o vexa.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com