O Concello do Incio repartiu un lote de 25 composteiros domésticos entre as familias da localidade

O Concello do Incio vén de adherirse ao programa de compostaxe doméstico de Sogama a través do cal repartiu onte mesmo un lote de 25 composteiros domésticos individuais aos veciños e veciñas que os solicitaron, de xeito totalmente gratuíto.

Os composteiros poden instalarse no exterior das vivendas ou nas eiras anexas. Trátase de colectores duns 300 litros de capacidade, que veñen acompañados dun pequeno manual de instrucións no que se explica cómo realizar o proceso da compostaxe de xeito correcto.

O Goberno local considera que a compostaxe é parte da solución para contribuír á redución da pegada medioambiental, para mellorar a nosa contorna e reducir a factura do lixo. Son residuos que non van producir contaminación e que se van aproveitar para xerar enriquecemento do solo dentro da propia vivenda. O proceso é limpo, non produce cheiros e non necesita mantemento.

Con esta técnica, ademais da obtención de compost, conséguense importantes beneficios ambientais e económicos, tendo en conta que os concellos poden ver reducida a frecuencia de recollida do lixo convencional, así como o importe da factura que deben pagar a Sogama pola xestión e tratamento da bolsa negra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com