" />

O Concello habilita unha ruta peonil entre o parque Marcos Cela e o entorno do Miño

A área de Mobilidade e Infraestruturas, habilitou unha ruta peonil segura na Volta da Viña, entre o parque Marcos Cela e o entorno do Miño. Segundo  indicou Rubén Arroxo, “trátase dun vial no que só existía beirarrúa dun lado, facendo verdadeiramente perigosa a convivencia de tráfico e peóns do lado do parque”.

O proxecto contempla a colocación de bolardos e o pintado dun paso de peóns, que se realizará nos vindeiros días, na intersección co enlace da N-VI “para que as veciñas e veciños de Lugo poidan utilizar esta  zona zona de paseo de maneira segura”. O Tenente de Alcalde afirmou que “esta actuación abre a posibilidade de retirar o balado do parque Marcos Cela”.

 

 

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Noelia Vivero
    Mai 29, 2020 - 01:23 PM

    Pois sin tempo non era….

    Reply
  2. Avatar
    Luis Díaz
    Mai 29, 2020 - 01:16 PM

    bueno… parece ser que se comenza a facer cousas con sentidiño , ademáis sin costar moitos cartos

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo