Presentación do evento Comerci-Arte

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, a presidenta da Asociación Mulleres Empresarias de Lugo (AELU), Beatriz Varela, e a delegada da Xunta na provincia, Raquel Arias, presentaron este xoves o evento Comerci-Arte, que terá lugar mañá venres 9 de outubro nuns 50 establecementos da cidade. O Concello de Lugo colabora con AELU nesta iniciativa, posto que se enmarca na súa aposta polo impulso do tecido empresarial de Lugo e por fomentar o emprego feminino.

Durante a presentación, a rexedora amosou o apoio da entidade luguesa a Comerci-Arte, posto en marcha co obxectivo de dinamizar a actividade comercial das empresarias, e que supón ademais unha oportunidade única para pór en valor e visibilizar o labor das mulleres emprendedoras, que “teñen un dobre mérito, pois ademais de empresarias, deben facer un importante esforzo para a conciliación”.

A Alcaldesa quixo destacar o esforzo de AELU, que agrupa a máis de 150 emprendedoras da provincia, por potenciar o comercio da cidade, “un sector estratéxico no noso municpio, na que máis do 80% das empresas pertencen ao sector servizos”. Lara Méndez tamén gabou a loita do colectivo por reivindicar para a muller un papel activo na sociedade, ao tempo que animou a todas as persaos que teñan unha idea de negocio a empregar os recursos que ofrece o Concello, como o CEI-NODUS, do que saíron unhas 70 empresas dende a súa posta en marcha.

Máis de 50 comercios con descontos

A campaña de dinamización Comerci-Arte contará con máis de 50 comercios que ofrecerán aos seus clientes promotarxetas con ofertas, descontos, promocións e agasallos durante todo o día para premiar aos seus clientes. Entre os negocios que participan hai locais de artesanía, gastronomía, fotografía, moda, xoiería, e complementos, entre outros. O grupo de teatro Hipócrita Teatro dinamizará as rúas de Lugo repartindo promotarxetas, ao tempo que animan á cidade con animación, música e maxia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com