" />

O Concello incorporará un novo bus híbrido á flota de buses urbanos

A área de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo anunciou hoxe que nas vindeiras semanas se incorporará á actual flota de buses urbanos un novo vehículo híbrido. “Dentro da renovación do transporte público que estamos a levar a cabo dende a área de Mobilidade e Infraestruturas inclúese a renovación dos vehículos”, indicou o edil titular desta área, que engadiu, “queremos que a xente aposte polo bus urbano para reducir tráfico na cidade e avanzar nunha cidade sostible cunha mobilidade alternativa e ecolóxica”.

O edil nacionalista indicou que “este novo bus híbrido aforrará combustible e producirá menos emisións de gases e partículas”.  “Continuamos a reducir a idade media da flota de buses, que actualmente está en sete anos e medio”, lembrou o concelleiro de Mobilidade

O tamén tenente de alcalde declarou que a área de Mobilidade está traballando en “transformar a mobilidade de lugo para que sexa moito máis sostíbel, onde o transporte público sexa fundamental”, avanzando tamén que “dende a área de Mobilidade continuamos a traballar, xunto coa empresa adxudicataria, nas novas liñas de bus e no funcionamento das pantallas informativas para que sexan unha realidade canto antes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo